Galo portugués en madeira
Este famoso Galo podemolo atopar en multitude de formatos,
tanto en bordados, tapetes, como en pratos ou recordos de todo tipo. Este xa é
un dos símbolos do país con mostras por toda a súa xeografía.
Facendo un pequeño homenaxe o noso país veciño, decanteime
por representar o Galo nun prato de madeira e, realmente quedei abraiada do
resultado! O feito de aplicar un fondo claro, fai que o propio diseño se
enfatice.
Para os que non saibades a historia do Galo,direivos que é
una lenda que xurdiu no pobo de Barcelos, situado ao norte de Portugal, cando
un peregrino que se dirixiía a Santiago acusarono de roubar valiosas pezas de
prata. O ladrón foi levado ante o xuiz, que nise intre estaba comendo un galo
asado, o cal condenouno a forca. Sen embargo, o ladrón afirmou que era inocente
e que o galo cantaría… e así foi, a antes de que o peregrino morrera o galo
levantou e cantou. Ante tal miragre, o xuíz foi ver o acontecido e viu como Santiago lle suxeitaba os pés ao peregrino.
Iste é o motivo polo que
o Galo é o símbolo de Portugal pero esta vez reproducido en fíos!