viernes, 16 de junio de 2017

Galo portugués en madeira





              Galo portugués en madeira

Este famoso Galo podemolo atopar en multitude de formatos, tanto en bordados, tapetes, como en pratos ou recordos de todo tipo. Este xa é un dos símbolos do país con mostras por toda a súa xeografía.

Facendo un pequeño homenaxe o noso país veciño, decanteime por representar o Galo nun prato de madeira e, realmente quedei abraiada do resultado! O feito de aplicar un fondo claro, fai que o propio diseño se enfatice.

Para os que non saibades a historia do Galo,direivos que é una lenda que xurdiu no pobo de Barcelos, situado ao norte de Portugal, cando un peregrino que se dirixiía a Santiago acusarono de roubar valiosas pezas de prata. O ladrón foi levado ante o xuiz, que nise intre estaba comendo un galo asado, o cal condenouno a forca. Sen embargo, o ladrón afirmou que era inocente e que o galo cantaría… e así foi, a antes de que o peregrino morrera o galo levantou e cantou. Ante tal miragre, o xuíz foi ver o acontecido e viu como  Santiago lle suxeitaba os pés ao peregrino.

Iste é o motivo polo  que o Galo é o símbolo de Portugal pero esta vez reproducido en fíos! 




No hay comentarios:

Publicar un comentario