Trisquel celta
Paréceme que dado a orixe celta da nosa terra, faise
necesario incorporar outros símbolos ademáis do xa coñecido árbore da vida. Sen
dúbida, o trisquel é o símbolo máis visible desta cultura pagana. Proteción e
divinidade mestúranse nesta simboloxía astral que pasou de xeración en xeración
ata chegar o noso presente.
Pero no intre de buscar significados para este símbolo diría
que prácticamente máxico, encontrome cunha gran variedade de acepcións.
Representa un gran poder e, dependendo do contexto, invoca a sabiduría, o amor,
a forza, a trinidade da enerxía divina. Os celtas creían no sol como astro,
polo tanto, nos ritos solares representaba as tres facetas do sol: amencer,
atardecer e noite.
O trisquel está formado por tres partes, xa que este é o
número máxico da cultura celta. Deste xeito, tamén fai referencia as tres
etapas fundamentais do ser humano: nenez, madurez e vellez. Sen embargo,
noutras ocasións, interpretabano como identificativo dos elementos aire, auga e
terra ou pasado, presente e futuro.
Despois desta breve investigación sobre os nosos orixes,
amósovos o resultado do diseño do trisquel. Por suposto, pódese empregar outras
cores, pero creo que para este diseño son as máis adecuadas. O máis interesante
é que resalte o trisquel sobre o fondo que apliquemos.
No hay comentarios:
Publicar un comentario