Mostrando entradas con la etiqueta Galicia. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Galicia. Mostrar todas las entradas

viernes, 28 de abril de 2017

Trisquel celta





                            Trisquel celta

Paréceme que dado a orixe celta da nosa terra, faise necesario incorporar outros símbolos ademáis do xa coñecido árbore da vida. Sen dúbida, o trisquel é o símbolo máis visible desta cultura pagana. Proteción e divinidade mestúranse nesta simboloxía astral que pasou de xeración en xeración ata chegar o noso presente.

Pero no intre de buscar significados para este símbolo diría que prácticamente máxico, encontrome cunha gran variedade de acepcións. Representa un gran poder e, dependendo do contexto, invoca a sabiduría, o amor, a forza, a trinidade da enerxía divina. Os celtas creían no sol como astro, polo tanto, nos ritos solares representaba as tres facetas do sol: amencer, atardecer e noite.

O trisquel está formado por tres partes, xa que este é o número máxico da cultura celta. Deste xeito, tamén fai referencia as tres etapas fundamentais do ser humano: nenez, madurez e vellez. Sen embargo, noutras ocasións, interpretabano como identificativo dos elementos aire, auga e terra ou pasado, presente e futuro.

Despois desta breve investigación sobre os nosos orixes, amósovos o resultado do diseño do trisquel. Por suposto, pódese empregar outras cores, pero creo que para este diseño son as máis adecuadas. O máis interesante é que resalte o trisquel sobre o fondo que apliquemos.




        

martes, 11 de abril de 2017

Galicia mariñeira e Galicia interior





         Galicia mariñeira e Galicia interior

Xa que está de novidade a nova liña de productos en pratos de madeira e, por certo, con moi boa acollida por parte do público, quixen aproveitar para mostrar estes novos diseños nas vindeiras exposicións.

Dado que a temática das exposicións é Galicia, tratarei de ir introducíndo novas olladas tanto as zonas rurais como costeiras, para que o público que non é da Comunidade, coñeza máis de cerca a nosa gastronomía.

Na Galicia mariñeira, podedes ver un dos pilares gastronómicos fundamentais polos que se coñece a nosa terra no mundo enteiro: o polvo. Galicia é una das principais productoras deste molusco e, así mesmo, esta rexión dá emprego a una meirande parte da poboación adicada a pesca e o marisqueo. Quizáis pensedes que debería tamén facer referencia a outros mariscos como o mexillón, e non só as vieiras, pero a súa ausencia tan só foi por una cuestión de espazo que teredes que disculpar.
     
Agora desprazamonos cara o interior da Comunidade. Evidentemente é imposible facer referencia a todos os productos gastronómicos de cada concello, pero a idea e achegar o visitante una idea xeral da nosa terra. Deste xeito, as Rías Baixas son coñecidas polos seus Ribeiros, na provincia de Ourense recomendó probar o pan de Cea, na provincia de coruña non vos olvidedes de degustar o queixo de Arzúa e en Lugotemos os famosos nabos. No centro do prato vedes o tradicional pote da augardente, quixen facer una pequeña referencia a una profesión tan típica como olvidada en Galicia, que deberíamos ter presente nas nosas lembranzas.

Esta pequeña viaxe por Galicia seguro que nos servirá a todos para animarnos a percorrela en busca de novas aventuras!




jueves, 2 de marzo de 2017

Folclore galego




                         Folclore galego

Preséntovos os responsables de animar as cento de festas que hai por toda a nosa xeografía ó longo do ano. Para rendirlle unha pequena homenaxe ocurriuseme que non podían faltar nesta colección!

Galicia ten una gran riqueza patrimonial de música tradicional e folclórica con diversidade de danzas e cantigas populares, sendo a máis coñecida a muiñeira.
Dis desta e que era a danza que bailaban os veciños que ían ó muíño mentres esperaban a súa quenda para recoller a fariña.

Sabedes? Eu  fai anos tamen pertencín a una banda de gaitas da zona, por iso aínda falo con máis agarimo deste tema, xa que pasamos momentos realmente máxicos tocando polos pobos da contorna.

Vivan os gaiteiros!!!