miércoles, 22 de febrero de 2017

De visita en Chantada





                    De visita en Chantada

A comezos deste mes xa vos dixen que ata o vindeiro 3 de marzo a exposición de Galicia en fíos estará na Casa da Xuventude de Chantada. Para min é todo una honra que estes organismos se interesen pola miña obra, supón una valoración, un merecido recoñecemento ó esforzó que diariamente levo a cabo para que este proxecto avance e sexa coñecido por toda Galicia. 

Marina e Libia, dúas trablladoras da Casa da Xuventude, foron as encargadas de presentar a exposición que, como podedes ver nas fotos, fixeron un traballo realmente exquisito. Por suposto, quedara con Marina en acercarme un día a Chantada para ir visitar a exposición, asique hoxe aquí estou!!

Fun con meus país que como sempre, eles son os meus principais seguidores. Tivemos un moi gratificante recibimento por parte das anfitrionas e, sobre todo, no tempo que se prolongou a visita dinme conta de que hai una boa acollida por parte do público.

Non quero ser demasiado pesada coa escritura, asique só decirvos que disfrutedes das fotos e si podedes achegaivos nun momento a Casa da Xuventude. Finalmente, darvos as gracias Marina e Libia!
 











No hay comentarios:

Publicar un comentario