lunes, 27 de febrero de 2017

Visitando o meu taller





                    Visitando o meu taller  

Queridos lectores do blog creo que me daredes a razón en que xa eran horas de ensinarvos o meu taller e en que consiste a actividade. Pois… Benvidos!

Hoxe presentaba ser un día como calquera outro, coa mesma rutina de traballo, pero rematou sendo un día especial cando recibín a visita de Israel Eliaz, o autor destas fotografías. Este fotógrafo interesouse pola miña actividade desde o momento en que tivo coñecemento do traballo que estaba a desenvolver. Por certo, quero agradecerrlle o magnífico traballo que elaborou, o cal tamén espero que vos guste!
  
Vamos a recorrer entre todos un anaquiño do obradoiro… Como podedes ver teño bastante material, entre fíos debuxos, carpetas, tesouras, varios tipos de colas… tiven que encargar uns estantes para almacenar todo o material. Dito así parece un xogo de nenos pero a realidade é que se necesitan moitos pequenos detalles para chegar o acabado de cada obra e, sobre todo, fai falla moita paciencia.

Unha vez que está todo o material riba da mesa, procedo a confeción do diseño en sí.   Primeiramente, trátase de aplicar cola e perfilar e a continuación, tal como podedes observar nas fotos, hai que rechealo cos fíos. E neste intre onde comeza o verdadeiro Xogo de Fíos: habilidade e destreza manual, creatividade, orixinalidade, paciencia e empeño por levar adiante este proxecto son algunas das cualidades máis destacables deste traballo.

Nun principio para min este obradoiro era como un xogo pero de fíos. Sen embargo, pouco a pouco estase a converter nunha actividade profesional de carácter artesanal, da cal espero obter un recoñecemento e una imaxe dentro deste sector.

Por último, finalizando xa a visita… direivos que o resultado deste proceso, que dura varios días, é calquera das creacións que vos estou mostrando ó longo destes meses. Por suposto, como son personalizadas cada un de vós debería elixir un diseño distinto para cada caso.

Espero que disfrutarades deste percorrido e en caso de qie, como Israel, teñades verdadeira curiosidade por coñecer o taller e ver en primeira persoa o meu traballo, non dubidedes en poñervos en contacto conmigo. Estades todos/as convidados/as! 




No hay comentarios:

Publicar un comentario