Fiando faros
Como ben é sabido a costa galega presenta un atractivo
paisaxístico e natural como poucos outros
lugares do mundo, donde a bravura do mar
e os seus profundos acantilados se
mezclan é a conveten nunha terra máxica.
Descubrir os 1500 kms de costa que ten Galicia é case
imposible porque sempre queda algún anaquiño que aínda non nos déramos conta
que estaba ahí agochado na espera de ser descuberto. Por iso hoxe me decantei
por ensinarvos a través desta creación un dos gardiáns da noite mariñeira
galega, e non me estou referindo as meigas… sinón os FAROS, que durante centos
de anos levan dando esa sinal blanquecina no medio da escuriade da noite.
Desde A Guarda ata Ribadeo cóntanse máis de 30 faros,
enclavados todos eles nun entorno paisaxístico inmellorable. O abrupto das
nosas costas e as vistas dende o alto do faro fan que quedemos abraiados vendo
o horizonte. Pero, sen dúbida, o mellor xeito de disfrutalo é facendo a ruta
dos faros que nos últimos anos está tan de moda.
Para min e todo un orgullo ser capaz de facer estes faros
con fíos xa que son un dos símbolos da Comunidade. Como podedes ver o debuxo
simula como a terra se adentra nas augas de forma abrupta e o fareiro desde o
cumio vixía os barcos que se aproximan mentras disfruta da tranquilidade do
horizonte.
No hay comentarios:
Publicar un comentario