lunes, 20 de febrero de 2017

A ponte do Milenio en fíos







             A  ponte do Milenio en fíos

Como non podía ser doutra maneira non me podía esquecer do símbolo máis vanguardista da miña cidade, por iso hoxe vos mostro a reproducción en fíos.

Foi inagurado no ano 2001 para comemorar o inicio do novo milenio, supon toda una obra de inxeñería moderna. Tamén conta cun mirador, o que se accede a través de 100 escalóns. A subida merece a pena xa que desde o alto podemos disfrutar dunhas magníficas vistas da cidade e das marxes do río Miño.
Quizáis para os que vivimos en Ourense, non lle damos a importancia que se merece xa que é una costume pasar pola ponte de a miúdo, pero para os turistas que visitan a cidade supón outro símbolo que admirar tal como as Burgas ou as Termas. Deste xeito, animeime a facelo en fíos para presentalo nas exposicións e que a xente  de toda Galicia coñeza a nosa Ponte.

















No hay comentarios:

Publicar un comentario