Visitando o meu taller
Queridos lectores do blog creo que me daredes a razón en que
xa eran horas de ensinarvos o meu taller e en que consiste a actividade. Pois…
Benvidos!
Hoxe presentaba ser un día como calquera outro, coa mesma
rutina de traballo, pero rematou sendo un día especial cando recibín a visita
de Israel Eliaz, o autor destas fotografías. Este fotógrafo interesouse pola
miña actividade desde o momento en que tivo coñecemento do traballo que estaba
a desenvolver. Por certo, quero agradecerrlle o magnífico traballo que
elaborou, o cal tamén espero que vos guste!
Vamos a recorrer entre todos un anaquiño do obradoiro… Como
podedes ver teño bastante material, entre fíos debuxos, carpetas, tesouras,
varios tipos de colas… tiven que encargar uns estantes para almacenar todo o
material. Dito así parece un xogo de nenos pero a realidade é que se necesitan
moitos pequenos detalles para chegar o acabado de cada obra e, sobre todo, fai
falla moita paciencia.
Unha vez que está todo o material riba da mesa, procedo a
confeción do diseño en sí. Primeiramente,
trátase de aplicar cola e perfilar e a continuación, tal como podedes observar
nas fotos, hai que rechealo cos fíos. E neste intre onde comeza o verdadeiro
Xogo de Fíos: habilidade e destreza manual, creatividade, orixinalidade,
paciencia e empeño por levar adiante este proxecto son algunas das cualidades
máis destacables deste traballo.
Nun principio para min este obradoiro era como un xogo pero
de fíos. Sen embargo, pouco a pouco estase a converter nunha actividade
profesional de carácter artesanal, da cal espero obter un recoñecemento e una
imaxe dentro deste sector.
Por último, finalizando xa a visita… direivos que o
resultado deste proceso, que dura varios días, é calquera das creacións que vos
estou mostrando ó longo destes meses. Por suposto, como son personalizadas cada
un de vós debería elixir un diseño distinto para cada caso.
Espero que disfrutarades deste percorrido e en caso de qie,
como Israel, teñades verdadeira curiosidade por coñecer o taller e ver en
primeira persoa o meu traballo, non dubidedes en poñervos en contacto conmigo.
Estades todos/as convidados/as!