Lugo
Lugo está asentada as beiras do Miño e conserva importantes
pegadas da época romana, entre as que destaca a Muralla declarada Patrimonio da
Humanidade pola UNESCO.
Sen embargo, o que máis me chama a atención de toda a
provincia é a Praia das Catedrais, una auténtica maravilla da natureza.
Enclavada en plena Mariña Lucense, no concello de Ribadeo, as súas estructuras
rochosas semellan os arcos dunha catedral gotica.
Neste caso pedinlle a Isabel Rejo que fixera un boceto a man
alzada do principal atractivo da Praia e sen dúbida está logrado… Miles de
turistas cada ano achéganse a ver o conxunto de arcos de rocha esculpidos pola
forza do Mar Cantábrico co paso dos anos. No cadro pretendo que vexades o
alcance dos arcos, que nalgúns casos alcanzan os 30 metros de altura.
Disfrutade!
No hay comentarios:
Publicar un comentario