martes, 10 de enero de 2017

Camiño de Santiago





                       Camiño de Santiago

Como non podía ser doutra maneira, hoxe adico este espazo O Camiño de Santiago… o noso camiño… coñecido no mundo enteiro . esta ruta é recorrida por miles de peregrinos cada ano, nos seus máis de 1000 anos de historia xerou un gran auxe económico e cultural. De feito, foi declarado pola UNESCO patrimonio da Humanidade.
   
Estes tres diseños son para min os símbolos  máis representativos do  Camiño.
A concha compostelá representa o agasallo que recibían antiguamente os peregrinos que chegaban a Santiago para que a colocaran na capa. E xunto ca cruz de Santiago son os símbolos máis recoñecidos. Dise da cruz que ten o seu orixe nas cruzadas que se levaron a cabo durante a Idade Media; a súa punta afiada era utilizada polos cabaleiros para clavala no chan mentras oraban.

No outro cadro mostro o Apóstolo Santiago na súa faceta de peregrino. Conta a lenda que a Santiago foille encomendada a misión de evanxelizar gallaecia e foi deste xeito como chegou a estas terras. Anos despois foi decapitado en Xerusalén pero os seus discípulos troixeron os seus restos de volta a Santiago e posteriormente construiuse a catedral de estilo románico na súa honra.

Por suposto, tampouco pode faltar o pelegrín do Ano Santo Xacobeo, que a modo de curiosidade, da que recoñezp que tiven coñecemento non hai moito tempo, celébrase o Ano Xacobeo cando a festividade do 25 de xullo corresponde a domingo.

Disfrutade do Camiño!





No hay comentarios:

Publicar un comentario