Galicia enxebre
Xa que o tema que achegamos hoxe é propio da nosa terra
utilizarei o galego como fonte de escritura. Para os/as que sodes de fóra de
Galicia explicarvos que enxebre é todo aquilo que consideremos típico ou propio
dunha determinada zona xeográfica.
Tanto o titular do post como os diseños ocurríronseme a
partir dunha escoita dun programa radiofónico no que buscaban elementos
enxebres. Claro! Como non se me ocurrirá antes?
As castañas e o canastros son tradicionais de Galicia… A
nosa comunidade é a principal productora de castañas a nivel estal. A modo de
curiosiade o castiñeiro máis grande de Galicia atópase no concello de Manzaneda
e ten máis de 12 metros de perímetro. Se vos cadra de pasar achegadevos!
Os canastros ou cabaceiros como se chaman nalgunhas zonas,
forman xa parte da paisaxe da meirande parte dos pobos galegos. Mostra delo son
as vilas mariñeiras de Combarro (Pontevedra) e Carnota (A Coruña).
Espero que vos gusten xa que están debuxados a man!
No hay comentarios:
Publicar un comentario