jueves, 12 de enero de 2017

Castelao





                             Castelao

Dende que lín o libro de Cousas de Castelao quedei admirada da súa obra, por iso merece que un dos diseños náis importantes da miña colección sea una caricatura súa. Achégovos información da súa faceta de debuxante que seguro vos será de interese.

Castelao (1886-1950) foi o político, escritor, médico e caricaturista máis internacional de Galicia. Sen embargo,para  este espazo só nos interesan os datos da súa vida e obra que foron relevantes para comprender mellor o sentido das caricaturas.

Naceu na pequena vila mariñeira de Rianxo e sendo pequeno emigrou coa familia á Pampa arxentina. Alí coñeceu o poder da caricatura lendo o semanario Caras e Caretas. De volta a Galicia e durante os anos universitarios acrecentou os seus intereses na política e na caricatura, facendo as primeiras exposicións en Madrid, Vigo e Santiago. Tamén colaborou como ilustrador en xornais tan importantes como El Liberal ou La Voz de Galicia de Bos Aires, o que axudou a popularizar ass súas caricaturas. Deste xeito, nos anos 20 convértese na principal figura da arte galega.

Como podedes ver, a súa obra gráfica é una constante crítica a realidade socio-cultural galega desa época. Satiriza de forma elegante o caciquismo, as inxustizas, a pobreza, a vida do campesinado galego… pero neste caso para o cadro elexín a súa propia autocaricatura, na que se prtende mostrar tal cal é.              

Sen dúbida, este é un dos diseños que máis éxito ten obtido entre o público de todas as idades!
E a modo curiosiodade direivos que foi o diseño co que aprendin a elaboración destes cadros. Aproveito para darlle as grazas a profesora de manualidades da ONCE, Rosa, xa que foi ela quen me ensinou esta arte con fíos.



No hay comentarios:

Publicar un comentario