A árbore da vida
Preséntovos o diseño máis querido… para min ten un
significado especial… xa se sabe que cada un de nós ten una interpretación
persoal ante un símbolo concreto… pero eu interpreto como: de onde vimos e onde vamos? Para
construir o futuro temos que ter claro o pasado e as nosas raíces.
E falando de raíces… Galicia ten orixes celtas e esta árbore considerabana un símbolo sagrado.
Representaba a sabiduría, a forza e a vida da terra, e tamén era a árbore
sagrada dos deuses. Ademais, as árbores tiñan un vínculo especial co pobo celta
porque lles proporcionaban todo o necesario para a subsistencia.
Era, tamén, un elemento espiritual xa que creían que esta
árbore conectaba os tres elementos do cosmos: o mundo dos mortos e dos vivos a
través dun nexo de unión que era o tronco… só son lendas, pero sexa como sexa,
pasaron de xeración en xeración ata chegar os nosos días.
E como non podía ser doutro xeito, quería ter un pequeño
pero moi especial recordó do noso pasado mitolóxico. Custoume bastante a
elaboración das raíces debido o pouco espazo disponible pero como se trata dun
xogo de fíos, hai que ter paciencia e xa vedes cal foi o resultado!
O porqué de facer o mesmo diseño en dous fondo distintos é
por cuestión de preferencias vosas, pero tamén para que poidades comparar as
diferentes percepcións do diseño según o fondo que apliquemos e así vos decantdes
por un ou outro.
No hay comentarios:
Publicar un comentario