A Coruña
Benvidos a cidade máis cosmopólita de Galicia… é a cidade
dos negocios, das compras, das galerías artísticas, dos museos, da arte, da
cultura, dos musicais…
Pero como noutras ocasións, o que realmente me interesa da
cidade é a súa parte histórica. Neste contexto, a Tore de Hércules é o símbolo
da cidade e outra vez lle encarguei a Isabel Rejo que fixera o boceto a man
alzada, xa que como estades vendo é una fantástica debuxante.
A Torre de Hércules sitúase entre a ensenada de Orzán e o
Golfo ártabro, despois de tantos centos de anos segue sendo o faro máis antigo
do mundo aínda en funcionamento. Tal é a súa maxestuosidade e importancia que
foi declarado Patrimonio da Humanidade en 2009.
No cadro pretendo mostrar a maxestuosidade da Torre vista
desde o chan que, aínda que non é o faro máis alto, as vistas desde enriba son
espectaculares!
No hay comentarios:
Publicar un comentario