jueves, 12 de enero de 2017

Ourense, terra de afiadores



                Ourense, terra de afiadores

A provincia de Ourense é coñecida como “a terra da chispa” debido o gran número de afiadores que percorrían os camiños. Esta profesión nómada ten os seus orixes no século XVII cando chegou por casualidade a esta zona un afiador, do que non se ten clara a súa procedencia, roda o hombreiro e silbando. Pasou de xeración en xeración ata chegar ós nosos días e está na lembranza do pobo galego o silbido co que se anunciaban o chegar o pobo, esa voz grave, o barallete que ninguén salvo eles entendia, o coro dos vecinos o seu redor, o  són dos cóitelos e tixolas o rozar coa chapa…

Neste contexto, encontramos a pequena vila de Luintra, enclavada en plena Ribeira Sacra, como centro neurálxico deste antigo oficio. Esta comarca foi a precursora do gran éxodo que viviu Galicia durante os séculosXIX e XX e, por suposto, os afiadores aproveitaron para ir polo mundo adiante  levando o traballo a costas. Este colectivo era o encargado de por música e alegría nos pobos os que ían. Deste xeito, Luintra quixo recordar o importante papel que xogaron estes homes ambulantes, homenaxeandos cunha figura dun afiador no centro do pobo.

Este cadro foi encargado por un veciño da vila que sente verdadeira paixón por esta figura tan propia da terra, tal é así que coleciona afiadores.Como sempre fago púxen todo o meu esforzó para que este afiador de fíos quedara o mellor posible.

Animádevos a coñecer a terra dos afiadores!



No hay comentarios:

Publicar un comentario