Ourense
Este cadro ten un significado moi especial para min xa que
Ourense é a miña terra… é a miña cidade. Tamén coñecida como a capital termal
de Galicia debido a multitude e manantiais extendidos por toda a provincia; din
das súas augas que teñen propiedades curativas e medicinais, sobre todo, para
problemas óseos e de pel.
Invítovos agora a dar un paseo pola antiga Auria… Coñecida
con este nome polos romanos xa que era una antiga mina de ouro. Os romanos
asentáronse xunto As Burgas e a Plaza Maior,
e construiron a Ponte Romana. Era una infraestructura estratéxica
situada nunha encrucillada de camiños que lles permitía acceder a ambas
ribeiras do Miño. Actualmente oito pontes cruzan o río na cidade, pero a Romana
segue conservando o esplendor e a elegancia de antaño. Eu consideroa xunto cas
Burgas o sinal identificativo da cidade, de ahí que intentara plasmar no cadro
a bonita paisaxe que se ve desde a Ponte, tendo tamén presente o gran
protagonismo do Miño.
Neste caso enviolle as miñas felicitacións a Isabel Rejo que
a partir dunha foto realizou o diseño a man alzada e a continuación eu elaborei
o cadro cos fíos.
Coñecede Ourense… o seu pasado milenario romano, o laberinto
de rúas estreitas e empedregadas do periodo medieval, a súa catedral de estilo
románico e gótico e, por suposto, non esquezamos o Ourense modernista e contemporáneo.
No hay comentarios:
Publicar un comentario